O "Trasno fantástico" visitará os colexios de Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo vai contar de novo coa presenza do "Trasno fantástico", como personaxe encargada de levar o Nadal ós máis cativos do municipio.
Os centros e escolas infantís van a poder desfrutar dunha actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria.
Desde este martes uns "embaixadores" visitarán cada centro e deixaranlles un agasallo para que poidan desfrutar cos seus compañeiros e familias. Posteriormente, e antes das vacacións, será o propio Trasno o que visite os centros educativos para xa ir creando máis expectativa entorno a esta época do ano pero tamén sobre as actividades programadas para eles.
O Trasno agasallará a cada centro cun CD de panxoliñas, algunha delas orixinal e inédita, para que o son do Nadal estea presente nos fogares de Sanxenxo.
O día 20 o Trasno visitará o Centro de Día e fará que os usuarios sorrían e desfruten.