Operativo especial de Tráfico nas estradas pontevedreses pola ponte da Constitución
Por Redacción
Entre as 15.00 horas deste xoves 5 de decembro e as 24 horas do domingo 8 de decembro, o Subsector de Tráfico da Garda Civil poñerá en marcha unha operación especial 'Constitución-Inmaculada-2019', cunha serie de medidas de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico durante esas datas na rede viaria da provincia de Pontevedra.
Tráfico poñerá en marcha as medidas necesarias para dar cobertura ao gran número de desprazamentos que se producirán durante eses días co obxecto de facilitar a mobilidade e a fluidez ás estradas da provincia, nas que se prevén desprazamentos masivos de vehículos.
Ademais, co obxectivo de velar pola seguridade viaria, incrementaranse os controis para detectar e sacar fóra da circulación aos usuarios que conduzan baixo os efectos de substancias psicoactivas e alcol, polo grave risco que supoñen.
O subsector aconsella aos condutores que antes de iniciar os desprazamentos deben realizar unha posta a punto do vehículo por medio dunha revisión, prestando especial a tención aos pneumáticos, así como planificar a viaxe examinando o itinerario e consultando as condicións meteorolóxicas que poden aconsellar ir provistos de cadeas ou fundas de neve.
Desde a Garda Civil faise un chamamento á reflexión a todos os usuarios a fin de que se observan a condución irregular dun vehículo alerten ás unidades da Garda Civil mediante unha chamada ao 062 para evitar situacións de risco que poidan desembocar nun accidente.