Segundo os datos que reporta o Instituto Nacional de Estadística xunto á Sociedad Española de Fertilidad, durante o pasado ano en España o 9% dos nacementos foron resultado de técnicas de reprodución asistida; isto é, algo máis de 33.000 mil bebés. As previsións para 2019-2020 apuntarían a que o número seguirá crecendo.
Apesar destas cifras,falar de infertilidade segue reservándose para a máxima intimidade. Protagoniza moitos silencios e expón reticencias de comunicación. Ese contexto restrictivo conleva a que a persoa ou parella que vive a situación estea falta de referencias. Con este punto de partida Berta Cortez-Lobao abriu na Rede sincerelybe.es
Berta vive en Pontevedra desde que veu estudar Comunicación Audiovisual. Coñeceu aquí á súa parella e en 2017 comunicáronlles que quedar embarazada de forma natural non era posible. Desde entón a este decembro de 2019, son pais de Tiago, un bebé que en breve cumprirá cinco meses. Todas esas experiencias, negativas e positivas, compárteas no seu blogue, canle de Youtube e redes sociais.
"Temos unha educación sexual incorrecta. Véndennos que hai parellas que quedan embarazados á primeira ou sen buscalo, pero non é tan fácil ser pais. Creo que o problema é ese, non falan que hai problemas que poden facer que o embarazo non sexa natural e teñas que recibir unha axuda", comenta no Cara a cara.
Pensou en poñer en marcha o proxecto durante os tratamentos de fertilidade, pero finalmente demoráronse ata agosto, cando Tiago xa nacera. Berta fala da infertilidade, a maternidade, vida saudable, como prepararon á súa cadela Gossa para a chegada do bebé e tamén sobre produtos que utiliza. Resúltalle evidente quefacía falta unha proposta así porque como conta en PontevedraViva Radio aínda está alucinando coa cantidade de persoas que lle escriben a diario.