As luces de Nadal xa iluminan a vila de Bueu
Por Redacción
Bueu xa entrou oficialmente no Nadal. Fíxoo co acendido da iluminación que, durante estas próximas festas, decorará as principais rúas e prazas do municipio.
O alcalde Félix Juncal, acompañado de gran parte do seu grupo de goberno, foi o encargado de inaugurar este alumeado, no que se investiron preto de 15.000 euros.
En total, hai 51 arcos e 40 farois decorados con luces LED.
Ademais, puxéronse 600 metros de guirnaldas e 1.000 metros de luces LED polas rúas Ramal dos Galos, As Lagoas e Montero Ríos e en gran parte do rural, ademais dunha caixa de agasallos grande na Praza Massó na que poden entrar os veciños.
O Concello destaca que, durante todo o Nadal, haberá tamén música no centro da vila para amenizar as festas.