Goyo Revenga critica a desconexión do goberno local coa xente da rúa
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
O concelleiro de Cidadáns, Goyo Revenga criticou a desconexión entre o goberno local do Concello de Pontevedra con "a xente da rúa.
Segundo sinalou en rolda de prensa, o BNG e o Partido Socialista "funcionan en dos direcciones" e "no se les ve muy coordinados" xa que gobernan "en base a ocurrencias".
Neste sentido citou como exemplo, que despois de meses nos que o Concello "no ha querido escuchar" as reiteradas queixas veciñais pola sucidade nas rúas, a deterioración dos contedores ou o mal funcionamento do servizo de lixos "ahora" o concelleiro do BNG, Raimundo Fernández "pide a los vecinos que hagan una tormenta de ideas" coa que elaborar un novo contrato para adxudicar este servizo. "Parece un cachondeo, una falta de respeto a los vecinos", valorou Revenga.
O único edil de Cidadáns no Concello de Pontevedra cre que o goberno local vese "desbordado por este problema" e por iso "saca toda su técnica publicitaria" para así "ganar tiempo".
Outro exemplo destas "ocurrencias" do goberno local, que segundo Goyo Revenga reflicten que "están fuera de la realidad", é a recomendación do concelleiro Demetrio Gómez de "comprar por capítulos" para evitar colapsos de tráfico.
"La realidad es que se niegan a reconocer que el problema del tráfico en Pontevedra existe, y que es una ciudad intransitable para entrar y para salir", segundo dixo o concelleiro de Cidadáns "por falta de planificación".
Finalmente, Goyo Revenga citou dous últimos exemplos desta desconexión entre os gobernantes e a cidadanía: os grandes chanzos construídos na reforma da ponte do Burgo que dificultan o acceso ao río dos piragüístas ou "la muralla de piedra" da rúa do Muíño que, ao seu xuízo, afea a acertada reforma do barrio do Gorgullón.