Os modelos de Belas Artes serán indemnizados
Por Oskar Viéitez
Levaban varios anos pousando para os alumnos da Facultade pontevedresa de Belas Artes. Estes modelos eran contratados a través de empresas de traballo temporal que lles ían subrogando os contratos.
Pero o pasado mes de abril, a última adxudicatiaria, a empresa Eulen, rescindiu a relación laboral.
Agora o Xulgado do Social número 1 de Vigo declarou improcedente o despedimento destes traballadores e condena á empresa a readmitir ou indemnizar aos catro modelos que traballaron na Facultade de Belas Artes.
Igualmente o fallo xudicial tamén condena á anterior concesionaria do servizo, a empresa Arte Nu, polo despedimento improcedente doutros dous traballadores.
Ambas firmas optaron por indemnizar aos modelos.
A Universidade de Vigo, á que tamén denunciaran, non resultou condenada.