Feridas cinco persoas nun accidente de tráfico no Grove
Por Redacción
Cinco persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este xoves na Rúa Luís Antonio Mestre, no Grove.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 18:30 horas desta tarde mediante as diversas chamadas de persoas alertadas por un vehículo que quedara coas catro rodas para arriba nese lugar.
Os Bombeiros do Salnés e os membros do GES de Sanxenxo tiveron que liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do coche envorcado.
Tamén resultaron feridos dous peóns, nai e fillo, e mais o condutor dun vehículo aparcado próximo, tras ser alcanzados polo turismo.
Neste operativo foi necesaria a colaboración dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade co fin de facilitar a actuación dos servizos de emerxencias.