Pillan a un recluso do cárcere da Lama con cannabis, heroína e cocaína
Por Oskar Viéitez
A Sección cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra sinalou para este martes día 10 un xuízo por un delito contra a saúde pública. Xúlgase a un interno do centro penal da Lama por presuntamente posuír droga para a súa venda ou distribución.
O Ministerio Público esixe que sexa condenado a catro anos de prisión.
O acusado, J.M.C.S. atopábase en prisión o día 17 de decembro de 2017 cando lle foron intervidos no seu poder: 25,26 gramos de resina de cannabis, 0,232 gramos de heroína cunha riqueza do 45,88%, 2,434 gramos de cocaína cunha riqueza do 74,2%.
Segundo a Fiscalía o recluso tiña todas estas drogas "a súa venda ou distribución a terceiras persoas no centro penal". As citadas substancias alcanzaban un prezo no mercado ilícito de 138 euros a resina de cannabis, 21 euros a heroína e 243 euros a cocaína.
Ademais da pena de 4 anos de prisión, a Fiscalía tamén pide que se lle impoña unha multa de 800 euros, con 15 días de responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento.