O goberno local de Cuntis analiza os plans para 2020
Por Redacción
O grupo de goberno de Cuntis mantiña un encontro este sábado para analizar o estado en que se atopan os proxectos en marcha e programar os orzamentos para o vindeiro ano.
Está previsto que o proxecto de remodelación do polígono industrial, financiado con fondos da Deputación Provincial, se execute en breve. Tamén se traballan na mellora das instalacións municipais no edificio consistorial coa intención de que cumpre con todos os requisitos en materia de accesibilidade.
Dentro destes orzamentos destinarase unha importante cantidade de diñeiro á reforma da casa adquirida para a sede da Fundación Castrolandín e proxéctase tamén a reforma da escola de Meira, ademais de obras no saneamento do rural e actuacións para mellorar as estradas locais.
O equipo que dirixe o alcalde Manuel Campos contempla tamén facer unha aposta polo sector turístico coa ampliación de sendas, acompañadas de sinalización.
Por outra banda, está previsto que se incremente o persoal en servizos de atención á cidadanía e adquirir un novo vehículo para a Policía Local, ademais de medios técnicos. A estas melloras anunciadas, súmase a licitación do contrato do servizo de axuda no fogar.
O goberno local ten previsto manter reunións a partir de xaneiro coa veciñanza para coñecer as necesidades concretas en cada parroquia. Ademais queren manter plans conxuntos con outros Concellos para adoptar medidas beneficiosas para o municipio.