Dúas persoas, feridas nun accidente en Vilagarcía
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado ás dez da mañá deste domingo na estrada N-640, á altura do quilómetro 236, en Rubiáns.
Segundo informaron fontes dos servizos de emerxencias, o sinistro consistiu nunha colisión frontolateral entre dous vehículos na vía rápida cara ao porto de Vilagarcía de Arousa.
Como consecuencia do accidente, nun primeiro momento, quedaron cortados ao tráfico os dous carrís de circulación.
O CAE 112 indicou que ata o lugar do accidente acudiron dúas ambulancias así como efectivos da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e mantemento de estradas.
Tamén se avisou aos Bombeiros do Salnés aínda que non foi necesaria ningunha excarceración.