Ponte Caldelas acolle este sábado o XI Festival Benéfico dos Coribantes
Por Redacción
Ponte Caldelas acolle este sábado o XI Festival Benéfico que organiza a banda de gaitas do municipio, Os Coribantes de Buchabade.
O evento comezará ás 21.00 horas na antiga discoteca Reivi e para entrar só é necesario aportar un kilo de calquera alimento non perecedeiro, que posteriormente se entregarán aos Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas para repartir entre as familias con poucos recursos do municipio.
Durante a hora e media que está previsto que dure o espectáculo, pasarán polo escenario diversos grupos musicais que habitualmente colaboran con Os Coribantes de Buchabade e que non queren perder un festival solidario que leva xa celebrándose once anos e é todo un referente na comarca de Pontevedra.