Gardas civís e curas volven retarse nun partido benéfico en Cuntis
Por Redacción
Gardas civís e curas volverán enfrontarse en Cuntis nunha das citas que xa empezou a ser tradicional cada decembro na localidade, un partido de fútbol benéfico en favor de Cáritas Interparroquial.
A Garda Civil e o clero préstanse a medir as súas habilidades co balón no terreo de xogo con fins benéficos este domingo 15 de decembro ás 17.00 horas no campo de fútbol da Ran.
A iniciativa benéfica busca recadar fondos para Cáritas de Cuntis e, para iso, a entrada para ver o partido implicará un donativo de tres euros. Ademais, tamén se recadarán diñeiro e comido a través dun servizo novo: o autobús entre o colexio de Cuntis e o campo de fútbol.
A partir das 16.00 horas, a empresa de autocares Garrido poñerá un servizo de transporte entre o colexio e A Ran que fará todas as viaxes que sexan necesarios para levar aos afeccionados que queiran presenciar o encontro. Ao termo do partido, regresarán ao momento de partido.
As persoas que utilicen este servizo farán unha achega maior á causa. Aos tres euros da entrada hai que sumar un euro do billete do autobús, que poderán substituír pola doazón dun quilo de alimentos non perecedoiros.
Relacionadas:
-
Emerxencias vs Garda Civil, fútbol con fins benéficos o domingo 24 en Caldas
Por Redacción |
-
A Garda Civil volve gañar en Cuntis ao clero, que se achega ao empate cun 6-5
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Marcador de 6-4 no campo da Ran: xogaron o clero e a Garda Civil e gañou Cáritas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Gardas civís contra curas, un partido benéfico "por todo o alto" en Cuntis
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |