Apuntalan a fachada dunha clínica dental en Cambados tras o brutal impacto dun turismo
Por Redacción
A fachada dunha clínica dental situada no municipio de Cambados tivo que ser apuntalada polos servizos de Emerxencias despois de que un turismo impactase contra o establecemento ás 01.00 horas deste martes 10 de decembro.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias, o condutor do vehículo indicaba que pisara o freo do coche cando circulaba pola rúa Os Olmos nas proximidades ao paso de peóns e, por causas que descoñece, perdeu o control do turismo que se encaixaba contra unha cristaleira lateral da clínica odontolóxica.
Os operarios de emerxencias tiveron tamén que tapiar a zona onde se producía o impacto ao xerarse importantes danos.
A pesar da aparatosidade do impacto, o accidente saldouse sen feridos.