Ence Pontevedra aposta pola economía circular en todos os seus procesos
A biofábrica de Ence en Pontevedra constitúe un bo exemplo de economía circular. Nas distintas operacións que comprende o proceso de produción da celulosa os materiais reutilízanse e revalorizan, contribuíndo así á eficiencia e á sustentabilidade.
A partir dunha materia prima renovable, como é a madeira –é na súa maioría certificada por estándares internacionalmente recoñecidos como FSC e PEFC- fabrícase a pasta de papel, coa que se elaboran produtos reciclables capaces de substituír o plástico e outros materiais que non son reciclables. Ademais, a biofábrica xera enerxía renovable utilizando para iso biomasa, de tal modo que practicamente se autoabastece enerxéticamente.
A planta de Lourizán axuda a conferir un novo valor aos recursos que emprega para operar, tanto desde o punto de vista produtivo como enerxético. A biofábrica consegue, deste xeito, minimizar a xeración de residuos e evitar a extracción de novos materiais e materias primas.
A utilización destes produtos supón, en definitiva, un novo expoñente de economía circular. A planta pontevedresa cumpre rigorosamente a súa Autorización Ambiental Integrada (AAI) en todos os seus extremos. Ademais, Ence esixe a todos os seus provedores un certificado que avale que cumpren cos requisitos establecidos pola normativa.
A excelencia ambiental desta biofábrica foi recoñecida internacionalmente coa Distinción Ouro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental e coa ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos.
A protección e o respecto polo medio ambiente e pola contorna son alicerces estratéxicos para a compañía, que emprega en Galicia a preto de 5.100 persoas. A compañía traballa para inculcar e trasladar esta cultura da sustentabilidade e a eficiencia a todos os seus procesos produtivos e ás relacións cos seus clientes e provedores.
Relacionadas:
-
A recuperación do rural a través de tres experiencias vinculadas ao sector forestal
Por Noticia patrocinada |
-
Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
Por Noticia patrocinada |
-
A industria da celulosa ofrece alternativas para loitar contra o cambio climático
Por Noticia patrocinada |
-
É posible unha alternativa natural ao plástico? A celulosa podería ser a solución
Por Noticia patrocinada |
-
Forte aumento do número de proxectos presentados á III convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
A biofábrica de Ence Pontevedra culmina o seu proxecto de integración paisaxística
Por Noticia patrocinada |
-
Ence contribúe á calidade de vida dos pontevedreses coa súa acción social
Por Noticia patrocinada |