O alumnado do campus poderá probar uns videoxogos deseñados polos seus compañeiros
Por Redacción
Estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación traballan conxuntamente desde o inicio do cuadrimestre no deseño da primeira fase dun videoxogo, inspirado nun relato inédito sobre o roubo do Códice Calixtino.
Os participantes nesta actividade, alumnos de cinco materias de tres titulacións, defenderon este mércores os seus proxectos diante do analista de videoxogos e titulado en Comunicación Audiovisual Esteban Canle e do animador 3D Max Puentes, que ao longo da súa traxectoria profesional traballou para superproducións cinematográficas como Vengadores, Star Trek ou Transformers e que foi tamén animador sénior de Bren Entretainment, o estudio co que gañou catro premios Goya.
Esta experiencia levou a estudantes dos dous centros a traballar conxuntamente, en tres equipos que simulaban ser unha produtora, no deseño e desenvolvemento do primeiro nivel dun xogo que debía ter como punto de partida Timo Calixtino, unha novela curta inédita na que o detective Frank Soutelo investiga o roubo do códice.
Tras presentar os seus proxectos nesta xornada, o vindeiro mércores darase a posibilidade de probar estes xogos ao alumnado no debido a que se instalará, entre as 10.00 e as 13.00 horas, na Facultade de CC Sociais e da Comunicación.
Relacionadas:
-
A obra do ilustrador Manel Cráneo salta desde Pontevedra aos videoxogos
Por Redacción |
-
A primeira Global Game Jam en Galicia, un éxito
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Pontevedra, primeira cidade galega en acoller a Global Game Jam
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O roubo do Códice Calixtino inspira o deseño de videoxogos
Por Oskar Viéitez |