O Pazo provincial loce máis de Nadal que nunca
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
Madeira pintada, luces led, pedras, vexetais, tarros reciclados e outros elementos reciclados son este ano as claves da decoración navideña que este xoves protagonizaron miembros de Igualarte e Juan XXIII no Pazo Provincial.
Ademáis a Deputación tamén impulsou unha campaña interna para implicar ao persoal na decoración sostible dos servizos. "O mundo o move os afectos" subliñou emocionada a presidenta da administración provincial Carmela Silva. "O persoal funcionario ten respondido dunha forma que me fai sentir orgullosa".
Este ano a aposta do goberno provincial polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica reflíctese na decoración "sostible e respectuosa" elixida para o Pazo.
As persoas integrantes de Igualarte e Juan XXIII se encargaron de decorar o vestíbulo do Pazo con elementos de madeira pintados a man.
Ademáis o funcionariado dos distintos servizos compiten entre eles coa decoración das dependencias da Deputación con materiais de reciclaxe e respectuosos co Medio Ambiente. Agora serán avaliados polos dous funcionarios máis novos e os de maior idade e haberá dous premios, con produtos "de proximidade", que se entregarán o 20 de decembro, coincidindo co acto de entrega de distincións ás persoas que se xubilaron neste ano.