Rebaixan a cota dunha estrada para mellorar os accesos a Buchabade
Por Redacción
O acceso á parte alta de Buchabade, que permite chegar ata varias vivendas e tamén á escola de hípica Centro Ecuestre Atlántico, vai a ser mellorado coa rebaixa do nivel da estrada.
Esta actuación foi solicitada polo Concello de Ponte Caldelas á Xunta de Galicia, titular da estrada PO-532 desde á que se accede a este núcleo.
As obras consisten no rebaixe do viario para permitir aos vehículos un correcto acceso, pois a parte baixa dos coches rozaba co asfalto e o Concello estaba a recibir moitas queixas por parte dos veciños, aínda non sendo a administración titular da estrada.
Esta obra, que inclúe o formigonado posterior da estrada, complementa á que se está a levar a cabo estes días na estrada que une os lugares de A Reigosa, Baltar, Xustáns e Taboadelo, onde se está a renovar o firme deteriorado a través de traballos de fresado, asfaltado e compactado.