A Deputación e a Universidade promoven o feminismo na sociedade dixital
Por Redacción
O workshop Sociedade dixital e xénero: Hackeando o Patriarcado abriu as súas portas este xoves na Escola de Empresariais da Universidade de Vigo. Na inauguración participou a presidenta da Deputación, Carmela Silva; e a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, quen destacou nos seus discursos a necesidade de potenciar a presenza da muller no ámbito dixital e poñer fin a condutas misóginas e contidos machistas que abundan na Internet.
Estas xornadas están enmarcadas na Cátedra de Feminismos 4.0 que iniciou este verán o ente provincial en colaboración coa Universidade. "Este workshop analiza con voz de muller científica, investigadora, formada e analítica o que está a acontecer no mundo dixital, que non é nada alentador. Hai que poñer enriba da mesa o que acontece para poder dar respostas que nos permitan hackear o patriarcado. Debemos cambiar o modelo, un modelo que nos impide acadar aquelo que é noso e nos pertence”, declarou a presidenta provincial, quen lamentou que a redución do número de mulleres matriculadas en carreiras técnicas ou as descualificacións que sofren nas redes.
"Somos o cambio, non nos conformamos co que está vixente e estamos a facer cousas como esta xornada para mover á sociedade”, declarou Valderrama, denunciando o trato despectivo que padecen mulleres en sectores como o dos videoxogos ou a censura dos contidos feministas.
Na xornada participaron Amparo Alonso, María Álvarez, Amelia Verdejo, Mariña Amores e Mercedes Rodríguez; ás que Silva cualificou como “mulleres potentísimas, que achegan e teñen moito que achegar e vannos facer copartícipes do seu coñecemento”.
Relacionadas:
-
Nace o Comité de Sabias para loitar pola igualdade nos ámbitos científicos e tecnolóxicos
Por María José Pita |
-
Políticas e xornalistas, as mulleres que máis insultos reciben nas redes sociais
Por Redacción |
-
"Sempre Marzo", poesía, emoción e feminismo no Pazo Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
"Xuntas somos poderosas", a cuarta onda do feminismo avanza no Encontro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra énchese de mulleres que opinan e dan a súa propia visión do día a día nos medios de comunicación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |