Pontevedra recolle en 12 horas máis dun terzo da choiva caída nos últimos 30 días
Por Manu Otero
Dos últimos 30 días en Pontevedra, 22 foron de choiva. Pero os rexistros deste xoves están a ser de récord. A estación meteorolóxica de Campolongo recolleu, entre as 00.00 e as 16.00 horas máis de 78 litros de auga por metro cadrado. A falta da actualización de Meteogalicia do chovido durante a tarde, cando a borrasca descargou aínda con maior intensidade, os datos superan con amplitude á media das precipitacións do último mes (7,6 litos por metro cadrado) e supón máis dun terzo do acumulado nos últimos 30 días.
Os paraugas foron o complemento máis utilizado esta xornada na cidade e os repartidores, un dos colectivos que máis sufriu os efectos dun ballón que non deu tregua en ningún momento. Pantalóns mollados, pés encharcados, salpicaduras, tráfico lento e as queixas sobre as incesantes choivas eran o principal tema de conversación en toda a cidade.
A pesar da intensidade das precipitacións, non houbo que lamentar ningún accidente de gravidade máis aló do derrubamento dunhas pedras no campillo de Santa María e un accidente na coñecida como autovía de Marín, onde se produciu o envorco dun turismo que por fortuna saldouse sen feridos graves.
A predición de Meteogalicia para as próximas xornadas augura aínda máis choivas, aínda que a intensidade das mesmas será menor. Espéranse precipitacións constantes durante esta e a próxima semana.
Ademais, no centro urbano de Cuntis produciuse o atropelo dun menor por un vehículo debido á escasa visibilidade xerada pola choiva.
Relacionadas:
-
A borrasca "Elsa" deixa unha chea de incidencias
Por Oskar Viéitez |
-
O de 2019 xa é o segundo decembro máis chuvioso do século e espérase máis auga
Por Manu Otero |
-
Ponte Caldelas e Poio 'desbordan' polas fortes choivas
Por Redacción |
-
As choivas provocan o derrubamento de parte da Torre dos Montenegro, no Campiño de Santa María
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Atropelan un neno de 8 anos na travesía urbana da N-640 en Cuntis
Por Redacción |
-
A Xunta aconsella o amarre da flota polas malas condicións do mar
Por Redacción |
-
As chuvias retornarán na tarde deste martes para manterse ao longo da semana
Por Redacción |