O Concello restaurará os restos da Torre dos Montenegro desprendidos pola choiva
Por Redacción
O derrube de parte dos restos da Torre dos Montenegro provocada polas choivas deste xoves xa está en fase de reparación. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, visitou este venres os restos arqueolóxicos do Campiño de Santa María para explicar que o Concello restaurará a cimentación do xacemento "cando o tempo nolo permita".
A caída das pedras sobre a pasarela peonil de Arcebispo Malvar atópanse xa cubertas por unha lona de plástico "para que non siga absorbendo auga".
Tan pronto como se produciu o desprendemento, desde o Concello iniciaron os trámites para iniciar os labores de restauración, os operarios apontoaron o lugar para evitar novos desprendementos e nas próximas semanas comezarán a redactar un proxecto de restauración.
"As pedras non están numeradas, pero hai moitos datos e é doado reconstruilo", declarou o edil nacionalista, quen prevé a implantación dunha nova cimentación para evitar posibles derrubes.
Relacionadas:
-
O estado de abandono das escaleiras de Santa María terá pronta solución
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A restauración da Torre dos Montenegro incluirá a consolidación dos restos da muralla
Por Alejandro Espiño |
-
Un equipo multidisciplinar rehabilitará en primavera o xacemento de Santa María
Por Alejandro Espiño |
-
As choivas provocan o derrubamento de parte da Torre dos Montenegro, no Campiño de Santa María
Por Redacción & Cristina Saiz |