Crearán un novo xardín en Santa Teresa de Jesús Jornet para mellorar a imaxe do barrio
Por Redacción
O proxecto de renovación paisaxística da praza de Santa Teresa de Jesús Jornet foi presentado este venres aos veciños deste barrio polos concelleiros Tino Fernández e Yoya Blanco, que mantiveron un encontro cos residentes para informalos de que os traballos se retomarán tan pronto como mellore o tempo e que no prazo de mes e medio esta zona do leste de Pontevedra terá un novo parque.
O proxecto contempla, ademais dun novo xardín, a mellora do mobiliario urbano, unha pintura antisdeslizante, a impermeabilización da praza e a mellora da seguridade en todo o perímetro.
"As actuacións permitirán mellorar as condicións de confort da zona mediante a renovación do mobiliario existente, levar a cabo unha renovación e os xardíns que rodean a praza e dotalos dun sistema de rega por goteo que permita mantelos en perfecto estado cun aforro no emprego de auga", declarou o tenente de alcalde.
Entre as flores, arbustos e plantes que se empregarán para o axardinamento inclúese unha ducia de tipoloxías diferentes: agapantos, hiedras, cotoneaster, hebes, berberis, loropétalos, olivillas, buxos xaponeses, boneteros, azaleas e plantas espello, ademais dunha árbore singular.
Relacionadas:
-
A praza de Santa Teresa de Jesús Jornet estrea imaxe: xardíns renovados e nova varanda
Por Redacción |
-
Novo avance na rexeneración do parque de Santa Teresa de Jesús Jornet
Por Redacción |
-
Instalan os primeiros elementos de mobiliario da nova praza de Santa Teresa de Jesús Jornet
Por Redacción |
-
A renovación paisaxística da praza de Santa Teresa de Jesús Jornet será unha realidade a finais de setembro
Por Redacción |