O Concello de Ponte Caldelas concede unha axuda de 3.150 á ANPA do colexio A Reigosa
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asinou esta semana o convenio de colaboración coa ANPA "A Fracha" do CEIP A Reigosa través do cal a administración local aporta 3.150 euros á Asociación de Nais e Pais de Alumnos para a realización de actividades complementarias para o alumnado.
Con esta aportación municipal, o ANPA ten previsto organizar ao longo deste curso diferentes actividades para todo o alumnado do centro, como a organización de obradoiros, a visita do planetario, excursións ou a festa de fin de curso, na que pasan unha tarde de lecer con inchables, xogos populares e animación.
O Concello de Ponte Caldelas colabora con todas as comunidades educativas do municipio.