Os niveis de cianobacterias no encoro de Caldas volven á normalidade
Por Redacción
As análises practicadas este xoves á auga procedente do encoro de Caldas de Reis polos técnicos do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia confirman a desaparición do nivel de alerta por presenza de cianobacterias na auga. Despois de varias semanas cuns niveis superiores ao habitual, o encoro de Caldas recupera a normalidade.
Os técnicos da Xunta tomaban mostras todas as semanas das augas procedentes do encoro en diferentes puntos. Os niveis de cianobacterias, que confire á auga unha cor verdoso e que prolifera durante a estación seca, levaban por encima dos niveis habituais desde hai meses e non foi ata este xoves cando as mostras tomadas nas captacións de Segade, Ponche Baion, Ponte Arnelas e Rabuñade permitiron levantar o nivel de alerta.
Mentres tanto, os científicos seguirán investigando para dar cun remedio que poña fin a un caso que produce cada verán.