O activista de Guinea Ecuatorial Alfredo Okenwe imparte unha charla na Casa Azul
Por Redacción
O defensor dos dereitos humanos de Guinea Ecuatorial, Alfredo Okenwe, inicia este luns unha xira por Galicia promovida por Amnistía Internacional. O relator impartirá unha conferencia na Casa Azul de Pontevedra ás 20 horas así como un encontro con estudantes no instituto Sánchez Cantón.
Físico de profesión e docente, Alfredo Okenwe leva máis de vinte anos traballando polos dereitos humanos e é vicepresidente do Centro de Estudos e Iniciativas para o Desenvolvemento, unha das poucas oenegués de Guinea Ecuatorial. Actualmente está acollido ao rpograma de protección de Amnistía Internacional polas ameazas e agresións sufridas no seu país.
A xira, que o levará tamén a Lalín, está enmarcada na campaña Global Valente coa que Amnistía Internacional pretende concienciar da situación dos defensores dos dereitos humanos en todo o mundo.
A asistencia á charla é gratuíta e aberta a todos os públicos ata completar aforo.