Cinco feridos en Barro tras bater contra un camión do lixo
Por Redacción
Cinco persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado esta pasada madrugada en Barro. O coche no que viaxaban chocou contra un camión do lixo.
Segundo informou o 112 Galicia, o choque produciuse sobre as cinco e media de madrugada no lugar de San Antoniño.
Un dos implicados foi o que alertou aos servizos de seguridade e informou que acababan de chocar contra o camión, que estaba a manobrar, cando circulaban pola N-550.
As feridas das cinco vítimas non revestían gravidade e todos estaban fóra do vehículo cando chegaron os sanitarios.
Ademais do 061, ao lugar trasladáronse Bombeiros de Ribadumia e axentes da Garda Civil de Tráfico e tamén foi informado o persoal do servizo de mantemento da estrada.