Termina sen avances o encontro da comisión de traballo para a rexeneración da praia da Carabuxeira
Por Oskar Viéitez
Este luns tivo lugar a reunión entre Portos de Galicia, a Delegación de Costas e o Concello de Sanxenxo para abordar o proxecto de rexeneración da praia da Carabuxeira.
O encontro concluíu sen avances xa que, segundo informou o Concello de Sanxenxo, nesta reunión só informouse ás partes da adxudicación do estudo para saber se a area que perdeu a praia atópase enfronte da mesma e se sería posible a súa recuperación e depósito de novo na praia.
O 11 de febreiro terá lugar unha nova reunión da comisión na que xa se coñecerá o resultado do estudo mencionado. Nese informe coñecerase a cantidade e a calidade da area que hai enfronte da praia. Se o estudo é positivo, Costas fará un ditame de compatibilidade. Un proceso que dura 2 meses e co que se informa do procedemento para seguir para a dragaxe e depósito da area.
Paralelamente, o proxecto completo da praia está a ser sometido á avaliación ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia. Este proxecto ademais de contemplar a achega de area tamén recolle a construción de dous diques para evitar que as correntes volvan levar a area e a construción dun paseo marítimo de 360 metros.