Sae a licitación a reordenación da avenida da Coruña, que cambiará sentidos de tráfico arredor de Pasarón
Por Redacción
A Xunta de Goberno de Pontevedra aprobou este luns o expediente de contratación para reordenar o tráfico na avenida da Coruña, na contorna do Burgo. O prazo para executar a obra establécese en tres meses e o importe supera os 191.869 euros, co IVE engadido.
Anabel Gulías, a portavoz do goberno, explicaba que este proxecto englóbase dentro dunha obra máis ambiciosa na que está prevista unha reforma no barrio do Burgo coa intención de eliminar os tráficos de paso e de axitación que se rexistran na zona. A idea, explicaba a concelleira, é que esta zona conte con condicións de vida de alta calidade urbana.
A reordenación de tráfico contempla cambiar o sentido de circulación da avenida da Coruña, que pasaría a ser de subida en todo o vial. Coa obra que se licitou se reacondicionarán as beirarrúas, cambiaranse os colectores ao outro lateral da rúa e van acometerse pequenas obras de reforma.
Tamén se cambiará o sentido de circulación do tramo de Luís Otero que rodea o estadio de Pasarón por detrás da bancada norte e por detrás da bancada de preferencia con saída cara á rotonda da avenida de Compostela. A Rúa da Santiña, a partir de Valentín Paz Andrade, modificarase neste segundo tramo de forma que quede de sentido único de saída.
Relacionadas:
-
Pechan a Avenida da Coruña ao tráfico para avanzar na súa reordenación
Por Redacción |
-
O martes comezan as obras na Avenida da Coruña
Por Redacción |
-
Reclaman a eliminación inmediata das fochancas da Rúa da Santiña
Por Redacción |
-
A Santiña terá plataforma única e reforzará a súa identidade como Camiño de Santiago
Por Alejandro Espiño |
-
Máis cambios no Burgo: reforma da Santiña e nova dirección para a Avenida da Coruña
Por Alejandro Espiño |