Sete positivos en noventa minutos de control de tráfico en Marín
Por Redacción
O control de alcol e drogas realizado na madrugada do sábado, entre as 3.30 e as 5.00 horas, pola Policía Local de Marín e a Garda Civil saldouse con sete condutores sancionados por dar positivo nalgunha das substancias analizadas.
Os axentes de ambos os corpos, que colaboran a través dun acordo ao que está adherido o Concello, impuxeron multas a catro individuos que superaron os 0,50 miligramos por litro de aire expirado. Outro chegou aos 0.57 e un terceiro alcanzou os 0.60. Ademais, outro individuo deu positivo por consumo de cannabis e detiveron a outro infractor que deu positivo por cocaína e circulaba sen puntos no seu carné.
Ademais, os axentes informaron tamén de que tres dos infractores que foron identificados pretendían darse á fuga antes de chegar ao control, aínda que non o conseguiron.
Doutra banda, na mañá do domingo, axentes da Policía Local detiveron a un home como presunto autor dun delito de violencia machista no ámbito familiar. O suceso foi notificado por unha chamada ao 112 ás 6.00 horas a través do cal se requiría a presenza policial nun domicilio por unha muller que afirmaba ser agredida pola súa parella.
Unha patrulla do corpo de seguridade local desprazouse ata o lugar para entrevistar á vítima, que presentaba un golpe nun pómulo e que fora ameazada con arma branca. O presunto agresor xa non se atopaba na casa, pero foi localizado polos axentes nas inmediacións do domicilio e posto a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Marín pecha o ano con máis de 1.200 denuncias por infraccións de tráfico
Por Redacción |
-
Marín e Poio súmanse á campaña especial de control de alcol e drogas da DGT
Por Redacción |
-
Tráfico intensificará durante a próxima semana a vixilancia de consumo de alcol e drogas
Por Redacción |