Aires de Cobres organiza o concerto Kilo Solidario
Por Redacción
A banda de gaitas Aires de Cobres, en colaboración co Concello de Vilaboa, ofrece o vindeiro sábado 21 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Riomaior, a segunda edición do concerto Kilo Solidario.
Aires de Cobres quere colaborar coas persoas máis necesitadas, xa que para poder asistir ao concerto se deberá aportar un quilo de algún alimento non perecedeiro, que serán doados aos servicios sociais do concello para o seu reparto entre as familias que o precisen.
Esta é a segunda edición deste evento solidario que o pasado ano tivo unha grande acollida entre a veciñanza do municipio. Tratase dunha iniciativa do mestre da banda de Gaitas, Andrés Lorenzo Castro que tamén se realiza noutros municipios da contorna.
Nesta ocasión colaborarán coa banda Aires de Cobres a cantante, Su Garrido, gañadora dun premio Martin Codax, acompañada do guitarra Miguel Fraile. Ademáis tamén amenizarán a velada os compoñentes do grupo de baile Bailaboa.