O Concello de Marín inicia os trámites para implantar o seu propio plan de igualdade
Por Redacción
O Concello de Marín terá o seu propio plan de igualdade para os empregados da institución local. Este documento, obrigatorio para todas as institucións do Estado, supón a adopción dun conxunto de mediads coas que terminar con calquera tipo de discriminación por sexo no ámbito laboral.
A directora do Centro de Información ás Mujeres (CIM), Mirian Sánchez, reuniuse coa representante de RSC Galicia, empresa encargada de elaborar o proxecto. A primeira fase de redacción do plan consistirá na realización dun diagnóstico inicial da situación do Concello en materia de igualdade, estudando variables como o acceso ao emprego, a clasificación profesional, a promoción e a formación, as retribucións, a conciliación ou a prevención do acoso sexual.
Con estas vimbias, a empresa propoñerá ao Concello que medidas tomar para facer o máis efectiva posible a igualdade entre os traballadores. Ademais, elaborarán un protocolo sobre acoso sexual que deberá coñecer o persoal para saber que pasos tomar no caso de que sencuentren ante unha situación deste tipo.