Protesta da seguridade privada: "Es cavernícola tener un solo vigilante de noche en el centro hospitalario de Montecelo"
Por Anxo Lourido
Sofren 2.000 agresións ao ano en Galicia e eles son os encargados de vixiar o 60% dos centros públicos e denuncian que carecen de medios e de efectivos humanos suficientes. Por este motivo, persoal da seguridade privada concentrábase este mércores, convocados polo sindicato UXT, ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra dentro dunha campaña que leva como lema 'A min, quen me protexe?'.
Santos Sánchez, secretario xeral da FeSMC-UXT, afirmaba que reclaman seguridade xurídica á hora de realizar o seu traballo. "Non só é defensa, escudo, spray... hai sitios onde somos vulnerables", apuntaba o representante sindical para engadir que "es cavernícola tener un solo vigilante de noche en el centro hospitalario de Montecelo, cuando cualquier hospital mediano tiene dos vigilantes". Neste sentido afirmaba que unha soa persoa non pode facer fronte a situacións complexas que se rexistran na área psiquiátrica ou en urxencias.
Sánchez lamentaba feitos como o que sufriu un vixiante que reprendeu a un condutor que ía por dirección prohibida no aparcadoiro dun centro comercial poñendo en perigo aos usuarios. Foi arroiado polo vehículo e o condutor dábase á fuga ata que foi localizado. O vixiante estivo máis dun mes de baixa e a condena, pendente de sentenza firme, ao condutor foi só de 27 días de arresto domiciliario e unha multa de tres euros diarios. O secretario xeral da FeSMC-UXT asegura que se esta situación sufrísea un policía ou mesmo calquera outro cidadán, a condena sería maior.
Isaac Gutiérrez, secretario xeral da Federación de Servizos, Movilidad e Consumo de UXT, apunta que as situacións de insultos e agresións contra os vixiantes son frecuentes en centros hospitalarios, estacións de Renfe, grandes espectáculos ou centros comerciais e reclama luvas e camisetas anticorte, máscaras e escudos para facer fronte a grandes aglomeracións e a intervencións nas que lles cospen e morden. "Sentimos desamparados", asegura.
Susana Blanco, responsable de seguridade en UXT sinalaba tamén que precisan máis formación, xa que só contan por lei con 20 horas para aprendizaxe, ademais de reclamar unha maior reserva en canto aos datos privados, xa que ao identificar un agresor e presentar unha denuncia recóllense todos os seus datos coa inseguridade persoal e familiar que lles provoca. Alerta, ademais, de que as agresións ao persoal de seguridade privada aumenta cada ano.
Relacionadas:
-
Un vixiante de seguridade de Montecelo sofre unha brutal agresión preto de Urxencias
Por Anxo Lourido |
-
Agride un médico no Hospital Provincial e, na detención, causa lesións a un policía e a un garda de seguridade
Por Redacción |
-
O Centro de menores Avelino Montero solicitará á Xunta máis medios para os vixiantes de seguridade
Por Redacción |
-
Vinte agresións a persoal sanitario de Pontevedra, Vilagarcía e Marín en seis meses
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |