Correos instala unha caixa especial para recoller as cartas aos Reis Magos
Por Redacción
Correos instala na Oficina Principal de Pontevedra unha caixa especial para que os máis pequenos dos fogares depositen as súas cartas para os Reis Magos ou Papá Noel. Ademais de fortalecer o espírito do Nadal, con esta iniciativa búscase fomentar a práctica da escrtitura de nenos e nenas.
Os primeiros en facer uso desta caixa de correos foron os escolares do último curso da Escola Infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, que visitaron as instalacións de Correos no edificio administrativo para enviar as súas cartas a Papá Noel.
Os pequenos, de 2 e 3 anos, levaron as súas peticións de Nadal ata a oficina situada na delegación de Campolongo. Os traballadores de Correos deron unha carta a cada neno cunha caixa de lapis de cores de agasallos.
Correos leva 24 anos organizando esta campaña do Nadal e un ano máis os seus traballadores estarán tamén nos hospitais para recoller as cartas dos menores hospitalizados e entregarlles un detalle.
Relacionadas:
-
Servizo especial de Correos para enviar cartas a Papá Noel e aos Reis Magos
Por Redacción |
-
RADIO.- Campañas publicitarias: entre as historias do Sorteo de Nadal e o regreso do 'calvo da Lotería' con bigote
Por Marisa Ciordia |
-
39 persoas incorpóranse en Pontevedra a un posto de traballo fixo en Correos
Por Redacción |