Pechan con valados as Palmeiras e o Mirador de Monte Porreiro ante a chegada da borrasca Elsa
Por Redacción
Unha ampla borrasca, denominada Elsa, achégase este mércores desde o Atlántico e afectará a toda Galicia. Ante a situación de alerta laranxa por fortes ventos nas Rías Baixas e a presenza de precipitacións, decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, o Concello de Pontevedra decidiu pechar ao paso dous parques públicos do municipio.
Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, sinalaba que se pechan ao público os parques das Palmeiras e o do Mirador de Monte Porreiro, ao tratarse de dúas zonas verdes onde podería existir maior risco de desprendemento de pólas das árbores polos fortes ventos que se esperan en Pontevedra ao longo das próximas horas.
Nesta situación, segundo o servizo do 112 Galicia, van producir bolsas de auga en estradas e rúas, ademais da posibilidade de que se rexistren desprendementos de terra e pedras, inundacións ocasionais en vías, baixos, garaxes e vivendas. Alertan tamén aos condutores da escasa visibilidade ao volante e recomendan prestar atención ao incremento aos caudais dos ríos.
Desde o 112 Galicia recomendan adecuar a velocidade ao estado da estrada, aumenta a distancia co vehículo precedente, evitar desprazamentos por vías secundarias, afastarse dos cursos dos ríos e dos vales. Ademais, nas casas aconsellan que se garden os documentos importantes e obxectos de valor en zonas elevadas.
A Xunta de Galicia ampliou a alerta laranxa por choiva. Agárdase que as precipitacións poidan acadar os 100 mm en 12 horas na zona do Miño e no interior
de Pontevedra. Nas Rías Baixas manterase a alerta amarela, podendo recollerse ata 60 mm en 12 horas.
Os ventos do sur van manterse nas Rías Baixas con refachos de ata 100 quilómetros por hora. No mar continúa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra por ventos de compoñente sur que poden chegar a forza 9 con mar combinada do sur con ondas de ata seis metros.
Relacionadas:
-
Caos en Fernando Olmedo: coches mergullados, pisos sen calefacción e contedores flotando
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Desaloxado o colexio Sequelo de Marín polas incidencias da borrasca Elsa
Por Redacción |
-
A borrasca "Elsa" deixa unha chea de incidencias
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello recoñece a dificultade para evitar os asolagamentos en Fernando Olmedo: "Son zonas inundables"
Por Redacción |
-
O de 2019 xa é o segundo decembro máis chuvioso do século e espérase máis auga
Por Manu Otero |
-
Unha inundación obriga a pechar o ximnasio de Campolongo e indigna os usuarios por falta de información
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada