Se entre as campañas publicitarias do Nadal do ano pasado, aquilo de "temos que vernos máis" foi o claim máis exitoso; un ano despois a insistencia e o xiro que Ruavieja deu á súa campaña publicitaria para estas datas, quedou diluída. Convidamos a varios profesionais da publicidade e o márketing de Pontevedra para charlar sobre as mesmas.
Esther Bailón, socia de Era Comunicación, Berta Nogueira, xerente de Abcomunicacións; Alberto Garnil, director de Iconweb e Noemi de Miguel, socia de Sra Nona, coinciden en que este 2019 non hai unha marca, dúas ou tres, que destaquen e se viralicen sobre o resto; tal e como ocorreu en 2018. Tamén coinciden na charla que mantemos nas Conversas na Ferrería é que o obxectivo para estas datas é conseguir "quen emociona máis".
Loterías do Estado para o seu Sorteo Especial de Nadal é a campaña que os catro convidados de PontevedraViva Radio apuntan como a que máis lles gustou; e concordan con outras marcas como Pescanova, que recuperou ao mítico 'calvo da Lotería' con bigote; ou a proposta que presentou Apple, aínda que desmenuzan moitas máis.
Campañas en liña e off line; anuncios de longa ou curta duración; publicidades que veñen acompañadas de propostas para vivir experiencias reais... son cuestións que poñen os invitados sobre a mesa para este programa previo á entrada no Nadal.