As obras da rúa Progreso avanzan a pesar do mal tempo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo indicou que a pesar da meteoroloxía avanzan "a bo ritmo" as obras na rúa Progreso.
Este xoves os operarios da empresa adxudicataria desta reforma estiveron colocando o bordo na rotonda do cruzamento con Castelao e pola tarde formigonaron o muro de contención da rotonda da avenida de Madrid.
Tamén se iniciaron os traballos para retirar a marquesiña e os contedores soterrados.
O Concello tamén apunta que se están ultimando os detalles na zona verde próxima á Rúa Sanxenxo e empezaron a colocar a xardinería partindo desde a rotonda de Arnelas.
A empresa traballará durante o sábado todo o día para avanzar "o máximo posible" e o luns retomarán os traballos.
DERRIBA DA CASA
En canto á demolición do edificio que estivo ocupado pola empresa Muebles Alonso os operarios seguen co desentullo do interior do inmoble, xa que se atoparon con máis traballo do esperado. Retiráronse xa tres contedores de entullo.
A derriba da estrutura farase a próxima semana.
Relacionadas:
-
O edificio de Muebles Alonso xa é historia en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo corta a rúa Progreso para o seu asfaltado sen precisar por cantos días
Por Redacción |
-
Sanxenxo derrubará un edificio en ruínas ante a inacción dos seus propietarios
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín presenta unha modificación de crédito para pagar o sobrecusto da rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |