Restablecido o tráfico en Concepción Arenal
Por Redacción
Os cortes de tráfico que se activaron estes días por mor das obras da Avenida de Ourense e de Concepción Arenal xa están finalizados e a circulación é a habitual nestes viarios.
No que respecta a Concepción Arenal, foi necesario cortar a Rúa José Trasande, que abriu de novo ao tráfico a primeira hora desta tarde, polo avance da segunda fase das obras de humanización. Ademais, ata o momento o tráfico na rúa estaba regulado por semáforos pero a partir deste venres pasa a estar habilitada a dobre dirección habitual ata o 7 de xaneiro, cando se retomarán as obras.
O Concello destaca o bo ritmo co que están avanzando os traballos. De feito, unha das beirarrúas, na que están instalados a gran maioría dos comercios desta zona, xa está rematada e pode ser utilizada polos peóns.
Por outra banda, xa é posible acceder á Rúa Estrada desde a Avenida de Ourense. Durante os últimos días, esta incorporación estivo pechada debido ás obras de renovación do colector xeral.