A curiosa panxoliña da Deputación: "Compostar, compostar, hai que compostar... "
Por Oskar Viéitez
Este venres 20 de decembro a Deputación de Pontevedra despedíuse do persoal que se xubilou durante 2019. En nome do goberno provincial a presidenta, Carmela Silva deulles as grazas polos anos de servizo público.
Repetíronse as mostras de cariño para Dolores, Manuel, Milagros, Olga, Consuelo, Nieves, Francisco, Domiciano, Luis, José Luis, María, Teresa, Hermerinda, Rosa e José María Covelo, ao que desexaron unha rápida recuperación.
Durante esta emotiva xornada fíxose entrega dos premios 'Espírito de Nadal' co que se recoñeceu o esforzodos distintos departamentos na decoración sostible das oficinas da Deputación.
Gañaron os servizos de Novas Tecnoloxías, Cooperación e Recursos Humanos. Tamén houbo premios para os que recolleron máis botes de cristal para decorar o Pazo provincial, de novo gañou Recursos Humanos e tamén a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e Igualdade.
Houbo tempo para falar cos compañeiros nun ambiente relaxado que deu incluso para cantar xuntos unha curiosa adaptación dunha clásica panxoliña de Nadal, "Compostar, compostar, hai que compostar... "