O 74470, un quinto premio repartido en Moraña, Vilagarcía e Cerdedo
Por Redacción
A sorte sorriu, aínda que fora timidamente, aos municipios de Moraña, Vilagarcía de Arousa e Cerdedo-Cotobade. En todos eles vendéronse décimos dun dos premios máis repartidos do sorteo de nadal da Lotería Nacional.
O 74470, agraciado cun quinto premio, deu unha boa alegría aos seus posuidores, que recibirán 6.000 euros por décimo.
En Moraña, o décimo premiado foi repartido polo Café-Bar Xolda, situado no núcleo urbano de Santa Lucía.
Pola súa banda, as administracións de lotería de San Roque e A Baldosa, en Vilagarcía de Arousa, tamén venderon senllos décimos do 74470.
A Tenda da Aldea, un establecemento situado na N-541 á altura de Cerdedo, foi o outro punto de venda deste quinto premio. Este supermercardo xa repartiu, hai apenas sete meses, un primeiro premio da Lotería Nacional agraciado con 60.000 euros.
Este quinto premio, ademais de en estas tres localidades, tamén se vendeu, entre outros puntos, Hío (Cangas), Salceda de Caselas, Lalín e O Porriño. Foi especialmente xeneroso en Vigo, onde a administración de loterías da avenida das Camelias repartiu 35 series do número premiado.
Relacionadas:
-
Cinco millóns de euros do cuarto premio, o número 49797, repártense en Cuntis e Moraña
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Cae un quinto premio, o 81610, no mesmo bar de Sanxenxo que vendeu un décimo do Gordo en 2018
Por Alejandro Espiño |
-
Dez décimos do terceiro premio, o 00750, deixan no Grove medio millón de euros
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra salpicada por un quinto premio, un décimo do 66212 vendido en Loureiro Crespo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O 26590 leva o premio gordo da Lotería de Nadal
Por Oskar Viéitez |