O CIM de Pontevedra contará en 2020 cunha nova psicóloga
Por Alejandro Espiño
A partir do próximo mes de xaneiro, o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra contará cunha nova psicóloga. Así o confirmou a edil de Benestar Social, Palmoa Castro, no pleno que a corporación municipal ha celebrado este venres.
Esta incorporación irá con cargo ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero e permitirá reforzar o persoal do CIM. Esta psicóloga, avanzou a concelleira socialista, atenderá tanto a mulleres que foran vítimas da violencia machista como aos seus fillos.
Ademais, o goberno municipal estuda a incorporación dunha axente de igualdade, tal e como se recolle no Plan de Igualdade aprobado recentemente e que propoñía potenciar o CIM.
Esta foi a resposta á moción presentada polo PP, e que foi apoiada por unanimidade na sesión plenaria, na que solicitaban que o Concello dese ao centro municipal os recursos "suficientes" para atender a crecente demanda.
A edil Silvia Junco explicou que o CIM está "desbordado", como recoñecen as súas propias traballadoras, e lembrou que as mulleres que son vítimas da violencia machista "en ningún caso se deben sentir solas", polo que urxe "buscar recursos" para "subsanarlo".
A pesar de apoiar esta proposta, a responsable de Igualdade negou que exista esta saturación, aínda que destacou que o persoal traballa "a reo". No último ano, explicou, o CIM atendeu 43 novos casos, fronte os 73 do exercicio anterior.
CENTRO DE CONDUTAS ADICTIVAS
Non correu a mesma sorte a moción presentada por Cidadáns para que se recollesen as deficiencias do centro municipal de condutas adictivas de Valentín García Escudeiro.
Goyo Revenga denunciou a situación "deplorable" na que se atopan estas instalacións, nas que se rexistran estancias con cheiros "nauseabundos", humidades, gretas ou falta de limpeza e mantemento.
"Al gobierno municipal no le importa nada estos enfermos", sinalou o portavoz de Cidadáns, que reclamou un estudo destas deficiencias, que se habilitase unha partida económica para rehabilitar o centro e se deseñara un plan de mantemento.
A responsable de Benestar Social explicou, con todo, que estes problemas foron revisados polos técnicos municipais, que concluíron que a orixe está na evacuación das fecais da comunidade de veciños.
As obras para corrixir esta situación debe executalas a comunidade que, o pasado mes de outubro, aprobou a realización destes traballos.
Relacionadas:
-
O tráfico e o 'caso dos semáforos' enturbian o espírito de nadal do pleno
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O PP pide reforzar o CIM ante a "avalancha" de solicitudes de axuda por casos de violencia de xénero
Por Redacción |
-
Denuncian o "deplorable" estado da unidade de drogodependencias de Pontevedra
Por Redacción |