'Papanoelada' ciclista en Sanxenxo para quentar motores para a Noiteboa
Por Redacción
A Noiteboa chegou a Sanxenxo en bicicleta. Máis de medio centenar de persoas participaron este martes na 'Papanoelada' solidaria organizada polas rúas do municipio.
Esta carreira ciclista é unha das actividades da programación de nadal organizado polo Concello e que, para este evento, contou co club ciclista Corbelo.
Os participantes, que doaron alimentos non perecedoiros e xoguetes, fixeron un percorrido de ida e volta entre Portonovo e a carpa de nadal situada na Praza do Mar de Sanxenxo.
Ao remate do percorrido serviuse unha chocolotada.
Foi unha mañá de risas e bo ambiente que serviu de aperitivo para a noite, unha das datas máis sinaladas do nadal.
Relacionadas:
-
Marín celebrará o sábado a súa tradicional Papanoelada moteira
Por Redacción |
-
Sanxenxo celebrará o fin de ano por adiantado con uvas e a queima de calendarios
Por Redacción |
-
A carpa de Nadal de Sanxenxo reorganiza as súas actividades tras as suspensións polo temporal
Por Redacción |
-
Preto de 400 figuras de luz iluminarán o nadal en Sanxenxo
Por Redacción |