As analíticas permiten abrir este xoves a campaña da vieira
Por Oskar Viéitez
Cinco barcos con base no porto de Bueu abren este xoves a campaña de extracción da vieira.
A toxina amnésica ou ASP impediu durante todo este tempo traballar aos barcos da vieira pero superado este capítulo a situación xa permite reabrir a vieira á que será a quinta tempada de traballo desde o ano 2014.
As analíticas permiten que as tripulacións poidan traballar na maior parte da ría de Pontevedra debido a que están abertas as zonas II e III.
Será a quinta tempada de traballo desde o ano 2014
A empresa comercializadora Mariscos Veiro eviscerará as capturas dos barcos, despois do acordo pechado coa Confraría de Bueu.
O tope global establecido para cada día de traballo de 1.500 quilos de vieira e as unidades deben ter un tamaño de 11,5 centímetros. A campaña prolongarase ata finais do mes de xaneiro.