O Gorgullón e Eduardo Pondal reciben o sábado o Apalpador
Por Redacción
O Apalpador volverá este ano ao barrio do Gorgullón e Eduardo Pondal. A Asociación de Veciños Eduardo Pondal volve convidar, por quinto ano consecutivo, a esta figura tradicional do Nadal galego para que manteña un encontro coa veciñanza.
Como é habitual, este carboeiro baixará do monte para apalpar as barrigas dos nenos e darlles castañas.
A visita forma parte do compromiso firme da asociación veciñal coa potenciación dos costumes e festas tradicionais de Galicia. Dentro desta recuperación e promoción da cultura propia, este sábado 28 de decembro o Apalpador percorrerá o barrio.
A chegada do Apalpador está prevista para as 17.00 horas. Primeiro dará unha volta por todo o barrio acompañado dos gaiteiros da asociación e entre as 19.00 e as 19.30 estará no Centro Social do Gorgullón.
Ademais, a partir das 19.00 horas haberá unha obra de teatro infantil para os rapaces que se acheguen a saudar ao Apalpador e a partir das 20.15 horas a asociación veciñal ofrecerá uns petiscos con música ao vivo coas pandereteiras do Gorgullón para despedir o ano.
Relacionadas:
-
Barro e Príncipe Felipe, primeiras paradas do Apalpador e a Apalpadora en Pontevedra
Por Redacción |
-
Adoutrina a Deputación coa Apalpadora?
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal chega a Poio con Apalpadora e espazos para a conciliación
Por Oskar Viéitez |
-
A Apalpadora, unha figura para "normalizar" a presenza da muller nos "referentes" do Nadal
Por Redacción |