Autorizan un novo parque eólico en Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo
Por Redacción
A Consellería de Industria vén de conceder a autorización administrativa para a construción dun novo parque eólico no monte Cadabo, en terreos que maioritariamente pertencen á parroquia de Cequeril (Cuntis), aínda que tamén toca Campo Lameiro, Cerdedo e A Estrada.
O parque, que contará con oito aeroxeneradores, terá unha potencia de 24 megawatts. Está impulsado pola sociedade Beltaine Touriñán e recibirá o nome de Touriñan III-2.
Ademais dos aeroxeneradores, os promotores prevén construír oito centros de transformación e a liña eléctrica soterrada que conecte todos os elementos do parque.
Os seus responsables estiman que o parque xerará anualmente uns 74.544 megawatts e terán tres anos para a súa posta en marcha.
No marco de autorización, a Xunta recorda que a empresa deberá repoñer ao seu estado orixinal os terreos que ocupe o parque eólico na fase de obras.
Xunto co cumprimento coa normativa ambiental e tecnolóxica, os promotores deberán adoptar as medidas necesarias para que o parque, entre outras cuestións, non altere o funcionamento do radar que Meteogalicia ten no monte Xesteiras ou a recepción dos canles de televisión na súa zona de influencia.
Relacionadas:
-
ADEGA presentará, grazas a doazóns cidadás, un recurso no TSXG contra o proxecto eólico Touriñán III-2
Por Redacción |
-
O rexeitamento aos parques eólicos tamén saca á rúa á veciñanza de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
A cara oculta dos parques eólicos desvelarase este venres 30 no Teatro Principal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Tramitan un novo parque eólico entre Cerdedo-Cotobade e Forcarei
Por Redacción |