A Policía Local de Marín pecha o ano con máis de 1.200 denuncias por infraccións de tráfico
Por Redacción
A falta de cinco días para que termine o ano, a Policía Local de Marín fixo balance da súa actividade e deu a coñecer que durante o ano 2019 formulou máis de 1.200 denuncias por infraccións cometidas por condutores en materia de tráfico.
En concreto, ata este 26 de decembro formuláronse 1.239 denuncias, das cales 42 foron a condutores que deron positivo nos test de consumo de drogas e 22 a aqueles que superaron a taxa de alcol permitida para levar un vehículo. Ademais, un foi denunciado por negarse a someterse á proba de drogas, unha infracción en si mesma.
A infracción máis frecuente en Marín é, segundo as estatísticas da Policía Local, un incorrecto estacionamento. En concreto, as condutas que máis acaban en sanción son estacionar en carga e descarga, en zonas sinalizadas para PMR, en dobre fila e sobre a beirarrúa.
A Policía Local interveu xa este ano nun total de 165 accidentes de tráfico, nos que se contabilizaron 20 feridos, un falecido e 144 casos de danos en vehículos.
Tan só na última semana xa se produciron catro deses accidentes, coa particularidade de que en todos eles o condutor deu positivo en alcol, en drogas ou en ambas as substancias.
Relacionadas:
-
Preocupación na Policía Local de Marín polo aumento de positivos en controis de alcoholemia
Por Redacción |
-
Sete positivos en noventa minutos de control de tráfico en Marín
Por Redacción |
-
Marín e Poio súmanse á campaña especial de control de alcol e drogas da DGT
Por Redacción |
-
Pide axuda á Policía tras un accidente e comproban que circulaba sen carnet, sen seguro e coa ITV caducada
Por Redacción |
-
A Policía Local de Marín aprende a actuar ante os patinetes eléctricos
Por Redacción |