Quedada popular en Poio o día 30 para unha benvida adiantada a 2020 con chocolate e música
Por Redacción
Os veciños de Poio volven repetir este ano unha iniciativa que xurdiu de forma espontánea hai doce meses para adiantar a benvida ao ano e, xa co apoio do Concello, organizarán unha quedada popular para recibir o ano 2020.
Será cun día de adianto, o luns 30 de decembro, ás 22.00 horas na zona da igrexa de San Martiño. Dende o Concello fan un chamamento para que persoas de todas as idades acudan a participar no evento.
Este simulacro de benvida do ano novo ten este ano o apoio do Concello por petición da veciñanza e busca gañar en visibilidade. Ademais, será unha novidade que se faga un día antes, para que poidan participar un maior número de persoas.
Para amenizar o evento haberá un posto no que se repartirán chocolate, rosca e confeti e tamén actuacións musicais dos colectivos da zona a fin de facer unha festa participativa.
Relacionadas:
-
Todo preparado na Boa Vila para recibir os anos vinte
Por Oskar Viéitez |
-
Os máis pequenos de Marín volverán recibir o ano doce horas antes
Por Redacción |
-
Nadal polos catro custados en Poio
Por Redacción |
-
Sanxenxo celebrará o fin de ano por adiantado con uvas e a queima de calendarios
Por Redacción |