As bandas de música de Cerdedo e Tenorio poñen a banda sonora ao Nadal
Por Redacción
Esta derradeira fin de semana do ano estará protagonizada principalmente pola música en Cerdedo-Cotobade. A programación de Nadal do Concello inclúe os tradicionais concertos que as bandas de Cerdedo e Tenorio ofrecen nestas datas.
A Banda de Música de Cerdedo actuará este sábado 28 a partir das 18.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo con entrada de balde ata completar o aforo.
A Unión Musical de Tenorio realizará o seu espectáculo o domingo 29 dende as 17.00 horas no seu local social tamén con acceso gratuíto para os asistentes.
Estas actuacións, que encabezan a programación de Nadal desta fin de semana xunto á segunda edición do Torneo Cup de Fútbol Base, son os espectáculos máis agardados polos veciños e contan coa asistencia máis multitudinaria xunto coa tradicional Cabalgata de Reis.