As listas de espera do CHOP son as máis baixas de Galicia por segundo trimestre consecutivo
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presentou no segundo trimestre deste ano as listas de espera máis baixas de toda Galicia tanto para consultas coma para intervencións cirúrxicas. ÿ xa o segundo trimestre de liderado pontevedrés neste sentido e bota unhas cifras conxuntas dos seis primeiros meses do ano que sitúan a espera media para operarse no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) de 33,9 días fronte aos 82 días de media do Servizo Galego de Saúde.
As cifras expúxoas este mércores o xerente do CHOP, José Manuel González, que atribúe os bos resultados a que o persoal adscrito a este área sanitaria "responde de manera excepcional". O xerente descoñece por que existe tanta diferenza entre o balance de Pontevedra e o de Vigo (que botas os datos de toda Galicia) estando na mesma provincia, pois "los recursos humanos y materiales que tenemos no son diferentes con respecto a la población que atiende cada uno".
José Manuel González descartou que os bos resultados poidan verse alterados durante o verán debido ao peche de camas que denuncian os sindicatos, pois esta reestruturación de recursos "no influye para nada en la labor asistencial". O xerente do CHOP explica que se pechan cuartos en función das vacacións do persoal e "no voy a tener 200 camas vacías en el hospital gastando recursos" cando a pesar de que xa levan varias semanas sen actividade "hoy tenemos camas vacías" e, ademais, "las cerradas pueden abrirse de hoy para mañana si hacen falta".
O primeiro semestre realizáronse 10.678 operacións, 59 ao día
O balance asistencial do primeiro semestre revela que o CHOP incrementou a actividade cirúrxica coa realización de 10.678 intervencións, 934 máis que no mesmo período de 2012, con 59 operacións ao día fronte ás 54 do pasado ano. Incrementouse tamén a porcentaxe de cirurxía ambulatoria, que non require ingreso hospitalario, e o rendemento dos quirófanos situouse no 76,36%.
Neste primeiro semestre, a área sanitaria continúa a manter a demora cirúrxica en Prioridade 1 por baixo dos 10 días, e de novo supera o compromiso da Consellería de Sanidade de atender aos pacientes máis graves en menos de 30 días. A demora media redúcese ata os 33,2 días e os menores tempos de espera corresponden as especialidades de dermatoloxía (11,6 días), xinecoloxía (18,3 días), oftalmoloxía (21,2 días) e uroloxía (28,1 días).
No primeiro semestre de 2013 incrementouse o número de consultas externas realizadas no Complexo Hospitalario de Pontevedra ata chegar a un total de 224.916 consultas, 2.334 máis que no mesmo período do ano anterior. A demora media para unha primeira consulta sitúase en 22,2 días, cando a media galega está en 44,4 e en Vigo chégase aos 62,3 días.
Atendeu ata o 30 de xuño 41.455 urxencias, cunha media de 229 ao día, fronte ás 236 do pasado ano
Neste período rexistráronse tamén importantes reducións nalgunhas probas diagnósticas. 15 das 26 probas que se realizan no CHOP teñen demoras medias inferiores a 25 días e os menores tempos de espera corresponden a electromiografía (2,1 días), ecografía obstétrica (3,5 días), radioloxía convencional (5,4) e estudo respiratorio (6,5 días).
O CHOP atendeu ata o 30 de xuño 41.455 urxencias, cunha media de 229 asistencias deste tipo ao día, fronte ás 236 do pasado ano. Estas cifras confirman á importante redución nas urxencias que se ven rexistrando nos últimos anos.
Outro dato aportado polo xerente foi o relativo ao gasto farmacéutico. Indicou que "la utilización más eficiente de los recursos humanos y económicos" permitiu aforrar no primeiro semestre preto de cinco millóns de euros. Pasouse de 51,2 millóns en 2012 46,3 este ano, isto é, unha reducción do 9,57%. Un dos factores que máis contribuiu a rebaixar este gasto é o uso de medicamentos xenéricos, que eran o ano pasado o 33,4% dos que se empregaba nestas área sanitaria e ata o 30 de xuño de 2013 foi xa o 40,72%.
Relacionadas:
-
José Manuel González: "Montecelo cada vez cumple menos condiciones de hospital de futuro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra e O Salnés consolídanse como a área sanitaria galega con menos listas de espera
Por Redacción |
-
Os hospitais de Pontevedra rescatan a Vigo ao dispararse a súa lista de espera
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
CIG Saúde denuncia falta de transparencia do Sergas sobre as listas de espera do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
Os resultados do CHOP "son los mejores de los grandes hospitales de Galicia"
Por Oskar Viéitez |