VÍDEO.- Rescatan os tripulantes dun veleiro tras embarrancar fronte á Illa de Arousa
Por Diego Espiño
Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo tiveron que realizar un rescate de emerxencia a última hora deste venres en plena Ría de Arousa, fronte á costa da Illa.
O motivo foi o embarrancamento dun veleiro, que sufriu unha vía de auga.
O suceso tivo lugar ao redor das 20:00 horas da tarde, xa sen luz.
Ao tratarse dun lugar de complicado acceso, Gardacostas mobilizou o helicóptero Pesca 1 para rescatar aos tripulantes do veleiro 'Nergha', que foron evacuados ata a embarcación auxiliar do 'Sebastián de Ocampo', embarcación de Salvamento Marítimo.
As persoas rescatadas non necesitaron atención sanitaria, confirmou o 112 Galicia.
A pasada tarde-noite os compañeiros do ‘Pesca 1’ evacuaron aos tripulantes do veleiro ‘Nergha’ ata a embarcación auxiliar do ‘Sebastian de Ocampo’ de @salvamentogob. A embarcación de recreo embarrancou fronte a costa de A Illa de Arousa. Os seus tripulantes están fóra de perigo pic.twitter.com/dG5paVcg3T
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) December 28, 2019