Nadal polos catro custados en Poio
Por Redacción
Poio contáxiase esta fin de semana de Nadal polos catro custados con diversas actividades.
A principal é a Festa de Nadal que se celebra no pavillón do CEIP Isidora Riestra.
Segways, minikarts eléctricos, animación con pintacaras, inchables, música e diversión para os máis pequenos durante toda a fin de semana, en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.
Ademais o luns 30 de decembro o Nadal continuará en Raxó cos diver-talleres Mininadal que terán lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, con visita da Apalpadora incluída (12:00 horas) e que tamén se farán na Escola de Campo de Combarro o xoves 2 de xaneiro.
Todo iso sen esquecer a proposta veciñal de despedir anticipadamente o ano coas 'Uvas de San Martiño', badaladas que terán lugar o día 30 ás 20:00 horas na Igrexa de San Martiño con festa de música popular, chocolate quente e rosca gratuíta, ademais das 12 uvas.