Sanxenxo ponse deberes para 2020: a actualización das súas ordenanzas
Por Redacción
Algunhas das ordenanzas de Sanxenxo necesitan unha actualización porque quedaron obsoletas por cambios na lexislación ou polos cambios na socidade desde a súa aprobación.
Por ese motivo o Concello púxose como deberes para o ano 2020 a renovación de moitas das súas normativas.
Unha delas, apunta o goberno local, será a ordenanza de mercadillos e venda ambulante para corrixir aspectos relacionados cos residuos que xeran os postos de venda, evitar a comercialización de produtos falsificados e regular o aparcadoiro dos vehículos dos vendedores.
Outras normativas son as de medio ambiente e o punto limpo e tamén a telecomunicacións.
En canto ás ordenanzas de nova creación Sanxenxo pretende crear unha que regule as praias do municipio e outra sobre seguridade cidadá que complemente a de convivencia aprobada recentemente, co obxectivo de controlar aspectos como a seguridade das persoas, o tráfico e a movida nocturna.
Ademais o municipio tampouco dispón dunha ordenanza de cemiterios e desde as concellerías prepáranse normativas para regular a publicidade, inspección técnica de edificios, fachadas ou o uso de instalacións deportivas como campos de futbol e pavillóns e de equipamentos socio culturais, segundo sinalou o goberno local.
Relacionadas:
-
Sanxenxo endurecerá as sancións na nova ordenanza de venda ambulante
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere ter en vigor a nova ordenanza de venda ambulante antes do verán
Por Redacción |
-
A futura ordenanza de terrazas de Sanxenxo non se aplicará ata xuño de 2021
Por Oskar Viéitez |
-
Multas de ata 400 euros por cuspir e mexar na rúa ou por despedidas de solteiro "escandalosas"
Por Alejandro Espiño |